$type=slider$snippet=hide$cate=0

Un día na natureza con The Wild : 16 usuarios con necesidades especiais, no Parque Forestal de San Miguel de Oia

Os usuarios do HC San Rafael desfrutan dun día na natureza con The Wild 16 usuarios con necesidades especiais da Área Ocupacional do HC San ...

Os usuarios do HC San Rafael desfrutan dun día na natureza con The Wild

16 usuarios con necesidades especiais da Área Ocupacional do HC San Rafael achegáronse esta mañá ao Parque Forestal de San Miguel de Oia para desfrutar dunha xornada de actividades na natureza.


“Un día na natureza” forma parte do programa de accións solidarias do The Wild Fest, o festival de cultura e natureza que se celebrará os vindeiros 4 e 5 de setembro.


Ás 10 da mañá deste mércores, 7 de xullo, 16 persoas usuarias da Área Ocupacional do HC San Rafael achegáronse ao Parque Forestal de San Miguel de Oia para desfrutar dunha xornada de actividades de lecer en contacto coa natureza. Xunto a eles, dúas técnicas do mesmo centro; Óscar Gallego, organizador do The Wild Fest e coordinador da xornada e Simón González, responsable de Territorio Comanche, empresa especialista en experiencias na natureza.


A actividade, bautizada como “Un día na natureza”, enmárcase dentro do programa de Accións Solidarias que The Wild Fest está levando a cabo en colaboración con entidades da contorna durante os meses previos á celebración do festival. O obxectivo é contribuír a trasmitir valores de sustenatibilidade e coidado medioambiental, asumindo un papel activo na transformación social necesaria para crear unha sociedade máis xusta e equilibrada, aliñada cos principios que defende The Wild.


A xornada deu comezo cunha andaina polas sendas do monte do Parque Forestal de San Miguel de Oia que achegou aos participantes á fauna e flora do entorno natural vigués.  A comunidade de Montes de San Miguel de Oia é unha das grandes aliadas do festival, permitindo e facilitando todas as actividades que leva a cabo The Wild no seu territorio.


A continuación puideron desfrutar dun ágape no merendeiro do Parque, preciso para coller forzas para a actividade estrela do dia, A búsqueda do tesouro, unha proba lúdica na que os participantes, persoas con discapacidade intelectual de entre 26 e 61 anos, aprenderon destrezas de orientación con mapa e traballo en equipo para a resolución de problemas. Esta actividade tamén estará dispoñible durante o festival baixo o nome de Orientaventura e estará guiada polos especialistas de Territorio Comanche. Como peche da excursión, os participantes fixeron unha plantación simbólica de catro carballos no merendeiro do Parque, durante a cal se lles fixo partícipes da importancia de coidar as especies autóctonas.


THE WILD FEST

Na vindeira edición de The Wild, que  se celebrará o 4 e 5 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia, buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia en Galicia con actividades tan diversas como concertos, faladoiros, xogos para os máis cativos, cinema, sendeirismo ou competicións deportivas baixo unha premisa común: gozar da natureza desde o respecto e a responsabilidade.


As entradas para o sábado, un total de 800, xa están a venda na web do festival a partir de 15 euros e estarán dispoñibles ata o 29 de agosto. O domingo, o acceso é de balde, aínda que haberá control de aforo. 








 

الاسم

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,157,EUGÉNIO EIROA,63,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,318,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,216,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,386,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,279,
rtl
item
RBTRIBUNA: Un día na natureza con The Wild : 16 usuarios con necesidades especiais, no Parque Forestal de San Miguel de Oia
Un día na natureza con The Wild : 16 usuarios con necesidades especiais, no Parque Forestal de San Miguel de Oia
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh3vknPQOk8l5RwiEHBi98VeDR-W4_x6zgCkgwePpuT3JIZeXnX-fEGpns5xs67VYog8CqDLfnGXRoPzHMgvHLWmPFtvZ5RTcGeMUK8BG7OYNr9iLqnyfBtd9O3jKS5cJmuEha2g0wYass/w640-h374/Captura+de+pantalla+2021-07-07+a+las+14.59.26.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh3vknPQOk8l5RwiEHBi98VeDR-W4_x6zgCkgwePpuT3JIZeXnX-fEGpns5xs67VYog8CqDLfnGXRoPzHMgvHLWmPFtvZ5RTcGeMUK8BG7OYNr9iLqnyfBtd9O3jKS5cJmuEha2g0wYass/s72-w640-c-h374/Captura+de+pantalla+2021-07-07+a+las+14.59.26.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2021/07/un-dia-na-natureza-con-wild-16-usuarios.html?hl=ar
https://www.rbtribuna.com/?hl=ar
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2021/07/un-dia-na-natureza-con-wild-16-usuarios.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content