$type=slider$snippet=hide$cate=0

6 humedales gallegos de importancia internacional acogen más de 26.000 aves en invierno

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia visitou a lagoa de Vixán, en Ribeira, co gallo do Día mundial dos humidais Os se...

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia visitou a lagoa de Vixán, en Ribeira, co gallo do Día mundial dos humidais

Os seis humidais de importancia internacional de Galicia son parada preferente para máis de 26.000 aves acuáticas invernantes. Así se recolle nunha publicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre os exemplares migratorios que fan a ruta do Atlántico leste, e que cada mes de xaneiro escollen Galicia como morada.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, que se achegou á lagoa de Vixán de Ribeira co gallo do Día mundial do humidais, salientou a importancia dos humidais galegos, pois a estes, se se lle suman as zonas húmidas e de litoral, “son o acubillo para un total de 124.000 aves que se desprazan milleiros de quilómetros e atopan aquí alimento, refuxio e descanso, antes de retomar a súa ruta”.

O censo Aves acuáticas invernantes en Galicia recompila a información recollida nos últimos 35 anos, concretamente no período 1987-2021, sobre os exemplares que se avistaron, como mínimo nunha ocasión, en 84 puntos galegos.

Defendeu que a celebración de efemérides como o Día mundial dos humidais, que se conmemora cada 2 de febreiro desde 1971 e que este ano por primeira vez se celebra como Día Internacional das Nacións Unidas, pon en valor a importancia do papel vital destas zonas non só para a natureza, senón tamén para as persoas.

Nese sentido, invitou á sociedade galega a sumarse e participar do lema desta edición, Actuar polas zonas húmidas é actuar pola humanidade e pola natureza, apostando pola súa conservación e usándoas de xeito racional e sostible.

Belén do Campo subliñou que Galicia é a cuarta comunidade autónoma de España cun maior número de humidais de importancia internacional incluídos na listaxe Ramsar, os citados seis: a ría do Eo e Ribadeo; o complexo das praias, dunas e lagoas de Corrubedo; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia-O Grove; a ría de Ortigueira e Ladrido; e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se engadiu á listaxe en maio de 2021. Ademais, estes espazos forman parte da Rede galega de espazos protexidos.

A modo de exemplo, destacou os valores da lagoa de Vixán, que forma parte do humidal de Corrubedo, cunha superficie de 984 hectáreas e declarado en 1993, que ten como peculiaridade o feito de ser colindante coa illa de Sálvora e forma parte do último destes espazos declarado Ramsar en Galicia, o Parque Nacional das Illas Atlánticas.





 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,9,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,153,EUGÉNIO EIROA,59,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,317,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,209,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,379,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,273,
ltr
item
RBTRIBUNA: 6 humedales gallegos de importancia internacional acogen más de 26.000 aves en invierno
6 humedales gallegos de importancia internacional acogen más de 26.000 aves en invierno
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhGFD7wVykTfsHcIrqSggSvYLBYAk_a60YNuo6pG_7rdVF-lZjj0FCNBmhvZuIuKmjk3sx_Is7UexnS1xl1LL74eEGZCsTU8NIfE0gmx1fy0sY8Y5ZM4szLZxvp3PO3O7lcl_E7CZPtPai91RSCsR9XSSZil6yuFrq7p7h2E98tJf-42cCfKKA-e3hN=w640-h266
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhGFD7wVykTfsHcIrqSggSvYLBYAk_a60YNuo6pG_7rdVF-lZjj0FCNBmhvZuIuKmjk3sx_Is7UexnS1xl1LL74eEGZCsTU8NIfE0gmx1fy0sY8Y5ZM4szLZxvp3PO3O7lcl_E7CZPtPai91RSCsR9XSSZil6yuFrq7p7h2E98tJf-42cCfKKA-e3hN=s72-w640-c-h266
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/02/6-humedales-gallegos-de-importancia.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/02/6-humedales-gallegos-de-importancia.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content