$type=slider$snippet=hide$cate=0

Reaparece en Huelva el ex-alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, como asesor transfronterizo de la Deputación de Pontevedra

r b tribuna.  O AECT RIO MINHO ‘VENDE’ EN HUELVA O TERRITORIO MIÑOTO DESTACANDO A FRONTEIRA, O RÍO NAVEGABLE, A LAMPREA, O ALBARIÑO E O SIST...


rbtribuna. 

O AECT RIO MINHO ‘VENDE’ EN HUELVA O TERRITORIO MIÑOTO DESTACANDO A FRONTEIRA, O RÍO NAVEGABLE, A LAMPREA, O ALBARIÑO E O SISTEMA DE FORTALEZAS COMO VALORES TURÍSTICOS


O caso do Río Miño foi exemplo de como poñer en valor un espazo transfronteirizo nas xornadas organizadas pola Junta de Andalucía e o CETMAR  


O Río Miño foi hoxe protagonista en Huelva nunhas xornadas sobre como se deben poñer en valor turístico espazos transfronteirizos organizadas pola Junta de Andalucía e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) dentro do proxecto europeo Atlazul. Alí, a Deputación de Pontevedra, o AECT Rio Minho e tamén o Concello de Tui, ademais doutras entidades portuguesas, participaron para explicar o traballo que se está a facer de maneira conxunta para o desenvolver economicamente o territorio baseándose nos recursos endóxenos, potenciando a identidade do espazo que rodea o Miño, a súa cultura e os seus espazos naturais. 

A exposición da Deputación e o AECT Rio Minho foi realizada polo asesor provincial de proxectos Europeos Transfronteirizos Lois Pérez Castrillo cun relatorio titulado “Experiencias de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal: a cooperación no treito internacional do río Miño”. 

Na súa intervención destacou que nos eixos de futuro dentro do vindeiro plan director do POCTEP traballarase en desenvolver produtos turísticos baseados no propio concepto de fronteira, no río navegable como unha opción de aventura, na gastronomía (a lamprea), o albariño, e o sistema de fortalezas fronteirizas, elementos singulares que diferencian o territorio miñoto dos seus competidores á hora de captar turismo.

Pérez, ante un auditorio de público formado por persoal interesado e tamén especializado en proxectos europeos e turismo fixo fincapé en que o espazo do río transfronteirizo do Miño conta con grandes potencialidades. Entre elas destacou que é a fronteira máis poboada entre España e Portugal (por diante de Huelva) grazas á súa situación estratéxica, ten un grande patrimonio lingüístico, arqueolóxico, arquitectónico e cultural común, áreas naturais protexidas, recursos endóxenos para seren comercializados e transformados e un sector marítimo pesqueiro e produtos agrícolas destacados. 

Con todo isto como base, explicou Pérez Castrillo, o obxectivo de Deputación e AECT Rio Minho é promocionar o territorio internacionalmente e consolidar a marca de turismo ‘Rio Minho’ entre a diversidade de públicos obxectivos aos que se pode chegar. Salientou que a idea base a difundir é que no territorio miñoto pódese vivir ‘Un río, dous países e grandes experiencias’, seguindo o eslogan escollido polos 16 concellos integrantes do espazo transfronteirizo.

Algunhas das actuacións xa desenvolvidas para fomentar o turismo no territorio que se citaron foi a creación dunha APP móbil informativa, o deseño do Anel Verde do Miño (unha rede de sendeiros transfronteirizos), diferentes encontros de ecoturismo e gastronomía, ou a posta en marcha dun servizo de partilla de bicicletas eléctricas nas eurocidades. 

Nas xornadas celebradas hoxe en Punta Umbría (Huelva), ademais de Lois Pérez, participaron tamén o representante do Aquamuseu do Miño, falando de Patrimonio, biodiversidade e a musealización no río; o alcalde de Tui, falando do río como un destino navegable; representantes de Melgaço para falar das pesqueiras como recurso patrimonial e turístico; e tamén do CETMAR Galicia para abordar a situación fluvial repensando a pesca na zona.


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,157,EUGÉNIO EIROA,63,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,318,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,216,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,386,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,279,
ltr
item
RBTRIBUNA: Reaparece en Huelva el ex-alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, como asesor transfronterizo de la Deputación de Pontevedra
Reaparece en Huelva el ex-alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, como asesor transfronterizo de la Deputación de Pontevedra
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEji0k7scM_oKqtUoGrfWKPAI0pWKI5_r1PI73qKj0un1Z7yfSN4ovUwL8FGnmb2smOEoQ2yxB47G95C80qCU33Dzm_DqoIdEiiLk79PTXAE6zNDiYGkrMIq_ujRmRBa98uiEKVxb_GJ5MTNRz-dBN0yvGoY0G_NXxnafPCmqpQAeyKADlPFu8Vd6-SW/w640-h418/Captura%20de%20pantalla%202022-10-18%20a%20las%2018.34.01.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEji0k7scM_oKqtUoGrfWKPAI0pWKI5_r1PI73qKj0un1Z7yfSN4ovUwL8FGnmb2smOEoQ2yxB47G95C80qCU33Dzm_DqoIdEiiLk79PTXAE6zNDiYGkrMIq_ujRmRBa98uiEKVxb_GJ5MTNRz-dBN0yvGoY0G_NXxnafPCmqpQAeyKADlPFu8Vd6-SW/s72-w640-c-h418/Captura%20de%20pantalla%202022-10-18%20a%20las%2018.34.01.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/10/reaparece-en-huelva-el-ex-alcalde-de.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/10/reaparece-en-huelva-el-ex-alcalde-de.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content