$type=slider$snippet=hide$cate=0

El llamado "Porco Celta" continúa recuperándose en Galicia incluso con modelo ecológico

rb tribuna Se aconseja click sobre cada foto que quieran ver a mayor tamaño y calidad --- A XUNTA PON EN VALOR A CRÍA DE PORCO CELTA EN ECOL...

rbtribuna
Se aconseja click sobre cada foto que quieran ver a mayor tamaño y calidad
---
  • A XUNTA PON EN VALOR A CRÍA DE PORCO CELTA EN ECOLÓXICO NA ALDEA MODELO DE MOREDA EN FOLGOSO DO COUREL
    Esta iniciativa é un exemplo clave da dinamización do rural e anticipación aos lumes forestais mediante o aproveitamento de recursos e a gandaría en extensivo, dentro do marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
    A aldea modelo de Moreda ten unha superficie de 38,86 hectáreas e está conformada por 73 parcelas de 44 propietarios.

A aldea modelo de Moreda, no concello lucense de Folgoso do Courel, é un piar fundamental para a dinamización da zona e enmárcase dentro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Neste proxecto implementouse unha granxa en extensivo dedicada á cría de porco celta en ecolóxico que está en funcionamento. Ademais, no marco deste proxecto prevese potenciar outras iniciativas de apicultura e o cultivo de hortalizas e árbores froiteiras. 


Esta aldea modelo é un dos xeitos de anticiparse aos lumes forestais mediante o aproveitamento dos terreos. Neste caso, conta cunha superficie de 38,86 hectáreas, con 73 parcelas de 44 propietarios.  


Para desenvolver esta aldea modelo, a Xunta levou a cabo diversos traballos, incluíndo a implementación de peches e cerramentos, infraestruturas gandeiras, instalacións de manexo e alimentación gandeira, acondicionamento de camiños ou recuperación de muros tradicionais, entre outras.


Aldeas modelo e polígonos en Lugo

As aldeas modelo buscan  devolver á produción terras con boa aptitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización, impulsando deste xeito nova actividade económica agroforestal que non só fixe poboación e xere riqueza na contorna; senón que tamén reduza o risco de incendios forestais e mellore a calidade de vida dos veciños dos núcleos que se busca poñer en valor.


En Galicia hai un total de 21 aldeas modelo declaradas, das cales cinco están situadas na provincia de Lugo, nos concellos de Sober, Quiroga, O Incio, a Pobra do Brollón e Folgoso do Courel. Os usos destas tres últimas, que se atopan a pleno rendemento, destínanse á gandaría en extensivo de vaca cachena, no Inicio e na Pobra do Brollón,  e de porco celta a de Folgoso do Courel. 


Así mesmo, do total de 23 polígonos agroforestais que hai en diferentes fases de execución en Galicia, na provincia luguesa atópanse o de Ver en Bóveda e o de Barcia no concello de Navia de Suarna. Nestes proxectos de iniciativa pública prevese a recuperación das terras a través de sistemas agroforestais, cultivos leñosos, gandaría e cultivos agrícolas, entre outras posibles actividades secundarias.


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,9,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,153,EUGÉNIO EIROA,59,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,317,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,209,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,379,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,273,
ltr
item
RBTRIBUNA: El llamado "Porco Celta" continúa recuperándose en Galicia incluso con modelo ecológico
El llamado "Porco Celta" continúa recuperándose en Galicia incluso con modelo ecológico
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcf0XmOSe2-oXPAaP7kcJIxXB9G1xQw1y7yfIzK8QIsNodOqnJErC1N-4aP4xaJd7OvW62XGFOEBGko_OTa69VlA-j4m9f6LIgLc7-orzSHAHWfWiIZiHRuCzCL1LVRXJXHS90DVFDu7SJI7lFR1vmFSVaMeQ2luu8xCeb1n8UiXEqA2-NyrQuMVa2/w640-h410/Captura%20de%20pantalla%202023-06-17%20a%20las%2011.05.38.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcf0XmOSe2-oXPAaP7kcJIxXB9G1xQw1y7yfIzK8QIsNodOqnJErC1N-4aP4xaJd7OvW62XGFOEBGko_OTa69VlA-j4m9f6LIgLc7-orzSHAHWfWiIZiHRuCzCL1LVRXJXHS90DVFDu7SJI7lFR1vmFSVaMeQ2luu8xCeb1n8UiXEqA2-NyrQuMVa2/s72-w640-c-h410/Captura%20de%20pantalla%202023-06-17%20a%20las%2011.05.38.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/06/el-llamado-porco-celta-continua.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/06/el-llamado-porco-celta-continua.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content