$type=slider$snippet=hide$cate=0

Mercedes Peón y Leilía centran la programación musical del "X Corazón da Artesanía", en Agolada

rb tribuna --- MERCEDES PEÓN E LEILÍA CENTRAN A PROGRAMACIÓN MUSICAL DO X CORAZÓN DA ARTESANÍA EN AGOLADA Zumaque, Galifunk, Cantigas e Agar...


rbtribuna
---

MERCEDES PEÓN E LEILÍA CENTRAN A PROGRAMACIÓN MUSICAL DO X CORAZÓN DA ARTESANÍA EN AGOLADA

Zumaque, Galifunk, Cantigas e Agarimos e Bico da Balouta completan as actuacións musicais desta cita imprescindible no calendario de eventos de Artesanía de Galicia
A Xunta impulsa o encontro que terá lugar nos Pendellos da localidade pontevedresa os días 7, 8 e 9 de xullo e que contará coa participación de 54 artesáns e 30 expositores de produtos de alimentación
Tamén se inclúen cursos de formación; obradoiros gratuítos abertos ao público infantil e adulto; e demostracións gastronómicas coa participación de reputados cociñeiros que ofrecerán os seus menús sobre pezas de Artesanía de Galicia

A programación musical do Corazón da Artesanía. X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que organiza a Xunta de Galicia nos Pendellos de Agolada os días 7, 8 e 9 de xullo, contará coas actuacións de Mercedes Peón, Leilía, Zumaque, Galifunk, Cantigas e Agarimos e Bico da Balouta , que complementarán as actividades de divulgación e de posta en valor dos oficios artesanais galegos durante os tres días do evento.

A primeira actuación será o venres ás 22:00 horas na Praza do Concello, a cargo de Zumaque, unha formación integrada por tres músicos afincados en Santiago de Compostela: arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica; o contrabaixista Alfonso Calvo, vencellado a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas; e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, sempre vinculado á música tradicional galega. Zumaque Trío propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación.

As actuacións musicais do sábado 8 de xullo, tamén na Praza do Concello, correrán a cargo de Mercedes Peón, a partir das 13:30 horas, que presentará o seu traballo Déixaas, acompañada sobre o escenario de Ana Fernández e Mónica de Nut. Ás 22 horas será o turno da banda Galifunk, un grupo de músicos galegos que xorde inspirado polas brass bands americanas, buscando romper coas pautas do clásico e facer as súas propias versións de temas de estilo disco, funky, R&B... que van desde os anos 70 ata a música máis actual. Tamén o sábado, está previsto un pasarúas a partir das 18:30 horas no recinto dos Pendellos a cargo da agrupación tradicional Bico da Balouta, de Agolada.

O domingo será a quenda do grupo Leilía, que actuará na Praza do Concello en sesión vermú, a partir das 13:30 horas, para presentar o seu último e derradeiro traballo Vidas cantadas.

A programación musical do Corazón da Artesanía pecharase cun desfile e unha actuación da agrupación de música tradicional Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, que terá lugar o domingo a partir das 18:30 horas, na Praza do Concello.

En horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:30 horas e durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, o programa Artesanía no Prato que xunta gastronomía e artesanía, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para público infantil.

Na edición deste ano está prevista a participación de 54 profesionais de Artesanía de Galicia, 39 como expositores e outros 15 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación e talleres abertos, entre os que se atopan 9 obradoiros que participan por primeira vez neste evento.



 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,9,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,153,EUGÉNIO EIROA,59,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,317,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,209,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,379,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,273,
ltr
item
RBTRIBUNA: Mercedes Peón y Leilía centran la programación musical del "X Corazón da Artesanía", en Agolada
Mercedes Peón y Leilía centran la programación musical del "X Corazón da Artesanía", en Agolada
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlbRmbzXqiigQZN5ZY7VamIS2nrYy_LV4a9VS9iyt5ETvZda6dkSnym2LBtDTebTg8ZkVN1gtfahBU1YTQCCv5N6j1Uh3gLEPTZoQD0YVd-v7fvTn6Jr9fwASsk_y9tuaVPzAb27HgauP5CwMIi8iPslGp4yeLs0MqGUzhSMw8k0gpHlFUgxr6q8LcNjQ/s16000/Captura%20de%20pantalla%202023-06-27%20a%20las%2013.03.45.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlbRmbzXqiigQZN5ZY7VamIS2nrYy_LV4a9VS9iyt5ETvZda6dkSnym2LBtDTebTg8ZkVN1gtfahBU1YTQCCv5N6j1Uh3gLEPTZoQD0YVd-v7fvTn6Jr9fwASsk_y9tuaVPzAb27HgauP5CwMIi8iPslGp4yeLs0MqGUzhSMw8k0gpHlFUgxr6q8LcNjQ/s72-c/Captura%20de%20pantalla%202023-06-27%20a%20las%2013.03.45.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/06/mercedes-peon-y-leilia-centran-la.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/06/mercedes-peon-y-leilia-centran-la.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content