$type=slider$snippet=hide$cate=0

Conselleira de la Xunta denuncia abiertamente el abandono del Ferrocarril gallego por parte del Gobierno central

rb tribuna Se aconseja click sobre cada foto que quieran ver a mayor tamaño y calidad --- Hace tiempo que lo venimos diciendo : el trato de ...


rbtribuna
Se aconseja click sobre cada foto que quieran ver a mayor tamaño y calidad
---

Hace tiempo que lo venimos diciendo : el trato de segunda división que los sucesivos Gobiernos centrales de España vienen dando al Ferrocarril gallego es no solo alarmante, sino tremendamente escandaloso y todo un agravio. Y aunque la Xunta de Galicia de vez en cuando protesta por lo que viene sucediendo, no es menos cierto que no lo hace con la persistencia y machaconería que necesita la lamentable situación que nos ocupa. No somos alarmistas los que, a través de los medios de comunicación, hace mucho tiempo que venimos denunciando una y otra vez lo que pasa...
Ahora, quien sabe si porque estamos ya en campaña para las elecciones generales, la Conselleira de Infraestructuras de la Xunta ha puesto el grito en el cielo a través de su intervención en el Parlamento Autónomo de Galicia. 
Falta solamente que en días venideros venga a Galicia la ministra en funciones y comience, otra vez, a prometer y prometer... como ya nos tienen acostumbrados estos personajes.
-------

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade interveu no Parlamento de Galicia

ETHEL VÁZQUEZ REPRÓCHALLE AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE O COMISIONADO DO CORREDOR ATLÁNTICO NIN SE REÚNA COA XUNTA NIN PRESENTE PROXECTOS DO NOROESTE Á CONVOCATORIA DE FONDOS EUROPEOS

  • Vázquez Mourelle explica que a UE destina este ano 6.300 M€ á rede europea de transportes, dos que 250 M€ serán para España, pero ningún para Galicia 
  • Critica que o esbozo do Plan Director presentado ten ausencias tan clamorosas como a Saída Sur de Vigo e só recolle un orzamento de 1.100 M€, fronte aos 8.000 M€ que o noroeste precisa
  • Reclama o mesmo compromiso do Goberno de España co Corredor Atlántico e co noroeste, que co Levante e co Corredor Mediterráneo
  • Lamenta que os cidadáns da Coruña, Vigo, Santiago e Pontevedra non teñan AVE nin saiban cando o van ter, ao non concretar o Goberno cando e cantos trens AVRIL vai destinar a Galicia 
  • Recorda que o Executivo non elaborou en 5 anos un plan de investimentos para impulsar o AVE Vigo-Porto, aproveitando o compromiso do Goberno portugués e os fondos europeos

Ethel Vázquez reprochoulle ao Goberno de España que o Comisionado do Corredor Atlántico nin  se reúna coa Xunta nin presentase proxectos do noroeste á convocatoria de fondos europeos.


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade criticou no Parlamento de Galicia que, pese ás reiteradas peticións de xuntanza da Xunta, e 5 meses despois do seu nomeamento, o Comisionado evita reunirse co Goberno galego.


Lamentou que o Comisionado non teña interlocución co Executivo autonómico, pero tamén que a estas alturas tampouco haxa fondos europeos para os proxectos do Corredor, xa que se vén de confirmar que o Goberno de España non presentou proxectos.


Explicou que a Unión Europea vai destinar este ano 6.300 M€ a impulsar a rede europea de transportes, dos cales 250 M€ serán para España, pero ningún para Galicia nin para o noroeste.


Salientou que Galicia segue esperando polo Plan Director do Corredor Atlántico, xa que o esbozo que presentara en Xixón ten clamorosas ausencias, ao non incluír a Saída Sur de Vigo ou as variantes dos Peares, Canabal, Monforte, Covas e Manzanal, e contabiliza como investimentos actuacións xa executadas no Eixe Atlántico ou na liña de AVE Madrid-Galicia.


Criticou que este plan do Goberno só recolle unha oitava parte do orzamento preciso, tan só 1.100 M€, fronte aos 8.000 M€ que se estiman necesarios no noroeste peninsular, tras realizar unha análise e avaliación rigorosa.


Manifestou a inquedanza da Xunta ao ver que a infraestrutura de Galicia está estancada mentres a doutros territorios progresa, polo que reclamou o mesmo compromiso, responsabilidade e atención do Goberno ao Corredor Atlántico que o que lle dá ao Levante e ao Corredor Mediterráneo.


Lamentou a falta de impulso nas infraestruturas estais en Galicia, especialmente nas ferroviarias, xa que os cidadáns da Coruña, de Vigo, de Santiago e de Pontevedra non teñen AVE nin saben cando o van ter, ao non concretar o Goberno cando e cantos trens AVRIL vai destinar á comunidade; e os cidadáns de Lugo e de Ferrol terán que agardar aínda máis pola alta velocidade, xa que o Goberno de España non está a acometer os investimentos precisos que permitan achegar a estas dúas cidades ao AVE. 


Lembrou que tamén seguen pendentes as obras de modernización da rede ferroviaria interior, cunha liña sen variantes no corredor Ourense-Monforte-Lugo, sen avances na liña A Coruña-Ferrol nin na conexión A Coruña-Lugo e sen os investimentos precisos na liña de vía estreita entre Ferrol e Ribadeo.


Ademais recordou que o actual Executivo, tras 5 anos, non foi quen de elaborar un plan de investimentos e un calendario para impulsar o AVE Vigo-Porto, aproveitando o compromiso do Goberno portugués con esa conexión e a oportunidade dos fondos europeos.


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,157,EUGÉNIO EIROA,63,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,318,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,216,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,386,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,279,
ltr
item
RBTRIBUNA: Conselleira de la Xunta denuncia abiertamente el abandono del Ferrocarril gallego por parte del Gobierno central
Conselleira de la Xunta denuncia abiertamente el abandono del Ferrocarril gallego por parte del Gobierno central
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGjkw3vaFNQbnPEJoE26oTChGLlgXAhudUmGha30sSl1U1HeF2xf3Q4gCpfvr5Cfq63R8ZOkFcWBV7Z7AtvuOgHnBLY0Qy-quQRuB4H9wNv-XlVetosQlcWGo0ARgFTX0I96x2SIrAH7YR6QUvZoqgYeZGUl2ILe8w2kwJ5TLPt8cvryvxAsiI9k20kjk/w640-h364/Captura%20de%20pantalla%202023-07-06%20a%20las%200.46.52.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGjkw3vaFNQbnPEJoE26oTChGLlgXAhudUmGha30sSl1U1HeF2xf3Q4gCpfvr5Cfq63R8ZOkFcWBV7Z7AtvuOgHnBLY0Qy-quQRuB4H9wNv-XlVetosQlcWGo0ARgFTX0I96x2SIrAH7YR6QUvZoqgYeZGUl2ILe8w2kwJ5TLPt8cvryvxAsiI9k20kjk/s72-w640-c-h364/Captura%20de%20pantalla%202023-07-06%20a%20las%200.46.52.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/07/conselleira-de-la-xunta-denuncia.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/07/conselleira-de-la-xunta-denuncia.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content