$type=slider$snippet=hide$cate=0

Curta estadounidense faise co Primeiro Premio do FICBUEU e outra canadense conquista o Premio do Público

...

FOTOGRAMA DE 'ENDLESS SEA'. 

.

A curta estadounidense «Endless Sea» faise co Primeiro Premio do FICBUEU e a canadense «Invincible» conquista o Premio do Público

A película holandesa «Ma mére et moi» obtén o Segundo Premio e a somalí «Will my parents come to see me» recibe unha mención especial do xurado

O Festival distingue tamén a «Ulises», do realizador Félix Brixel, como a mellor curtametraxe galega, e «Arquitectura Emocional 1959», de León Siminiani, leva o galardón á mellor cinta española

A peza «30’ 70 60’ 120», da directora viguesa Marta Valverde, é a gañadora na sección «GZ_00», que amosa o traballo da nova xeración do audiovisual galego

A actriz coruñesa Luísa Merelas recolleu o Premio Cinema Galego FICBUEU 2023 en recoñecemento á súa traxectoria artística 

Endless Sea, do director estadounidense Sam Shainberg, é a curtametraxe gañadora da «Sección Oficial» da 16ª edición do FICBUEU. Anunciouno onte a concelleira de Cultura de Bueu, Carmen García, nun acto celebrado no Centro Social do Mar de Bueu. De entre as 28 curtas a concurso, o xurado concedeulle a esta cinta o Primeiro Premio FICBUEU, dotado con 2.000 euros, «pola súa crúa enerxía, a súa desafiante produción, a súa magnética interpretación principal e un benvido toque de humor negro». Así se referiron os seus membros –os produtores de cinema Silvia Lobo e Manuel Monzón xunto a Mihai Chirilov, director artístico, crítico e membro da Academia de Cinema Europeo– a esta película que conta a «apaixoante historia de supervivencia» de Carol, unha muller de 70 anos «que loita contra o sistema» cando non pode mercar a súa medicación para o corazón.

A película Ma mére et moi, da realizadora holandesa Emma Branderhorst, mereceu o Segundo Premio FICBUEU por «captar de forma sutil e delicada ese momento decisivo co que todo o mundo se identifica, cando un fillo ten que crecer e unha nai ten que deixalo ir». Esa é a historia, a da moza Kees e a súa nai Lois, que reflicte esta curta. Emma Branderhorst, quen o ano pasado levou o Premio do Público con Spotless, filme no que visibiliza a pobreza menstrual, non puido recoller en persoa o galardón do Festival (dotado con 1.000 euros), pero si o fixo a guionista do filme, Nena van Driel. A encargada de entregarllo foi a vicealcaldesa de Bueu, Isabel Quintás. Van Driel falou ante o público do Festival para agradecer o premio ao xurado, que escolleu Ma mére et moi entre «tantos filmes inspiradores» e asegurou que «foi un honor que a nosa película se proxectara con todos eles». «É moi emocionante ver canta xente da zona se interesa polas curtas neste festival. É algo verdadeiramente especial», engadiu.

O xurado tamén realizou unha mención especial á cinta Will my parents come to see me, do realizador somalí Mo Harawe, «unha curtametraxe de gran forza sobre aferrarse á vida cando un se enfronta á pena de morte».

Mellor curta galega 

O palmarés oficial do FICBUEU 2023 complétase con dous filmes máis. Un é Ulises, obra de Félix Brixel, realizador de Rianxo, que acada o premio á mellor curtametraxe galega pola súa «historia enigmática e intrigante sobre o amor fraternal» e polos «impactantes efectos visuais» que a complementan. Brixel recibiu o galardón de mans de Fon Cortizo, da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA). A outra película distinguida é Arquitectura emocional 1959, do director cántabro León Siminiani, que leva o premio á mellor curta española. O xurado destaca dela «a súa orixinalidade lúdica, que mestura pasado e presente, amor e política, a través do cinema e a arquitectura».

O fallo do público

O Premio do Público, outorgado co seu voto polas espectadoras e os espectadores do FICBUEU, recae nesta edición na película canadense Invincible, de Vincent René-Lortie, inspirada nunha historia real. Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), encargouse de anunciar a curta elixida polo público asistente ás proxeccións durante toda esta semana como a mellor entre as exhibidas na «Sección Oficial» do Festival. A historia das últimas 48 horas de vida dun mozo de 14 anos recluido nun centro de menores e cunha urxente necesidade de liberdade foi a que máis impactou no público.

A actriz Luisa Merelas, homenaxeada  

O galardón honorífico do certame, o Premio Cinema Galego FICBUEU, foi este ano para a actriz coruñesa Luísa Merelas, que estivo no acto celebrado en Bueu. A intérprete de series tan coñecidas como Pratos Combinados e Fariña ou películas como Los lunes al sol ou, máis recentemente, As bestas, foi homenaxeada no Festival pola súa longa traxectoria profesional e a súa contribución ao sector do audiovisual galego. 

Premios para as novas e os novos cineastas 

A directora Anxos Fazáns, en nome do xurado Descubertas, foi a responsable de anunciar os premios elixidos nas categorías «GZ_00», «Descubertas» e «Escolas Internacionais».

A curta 30’ 70 60’ 120, da directora viguesa Marta Valverde, fíxose co galardón na primeira das tres seccións, creada para amosar o traballo que está a facer a nova xeración de cineastas en Galicia. De feito, Valverde resultou gañadora cunha «peza arriscada que mestura xéneros e estilos saíndo estupendamente ben parada».

No apartado «Descubertas» a curta vencedora nesta edición é Buurman Abdi, do holandés Douwe Dijkstra. O xurado valorou a súa orixinalidade e capacidade de transgresión, «chea de emoción e humor». En «Escolas Internacionais», espazo que amosa os traballos máis destacados que se fan en centros de cinema de todo o mundo, o premio foi para a película italiana Raíces, do Centro Sperimentale di Cinematografia.  Sara Moschini, unha das realizadoras do filme xunto a Maddalena Brozzi e Laura Cagnoni, recolleu o premio a unha película que aborda con beleza formal e sinxeleza narrativa o universo en torno á perda dun ser querido.  
 
Todas as curtametraxes do palmarés do FICBUEU 2023 poderán verse xuntas este domingo nun pase especial que terá lugar, a partir das 20.30 horas, no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu. 


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,157,EUGÉNIO EIROA,63,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,318,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,216,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,386,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,279,
ltr
item
RBTRIBUNA: Curta estadounidense faise co Primeiro Premio do FICBUEU e outra canadense conquista o Premio do Público
Curta estadounidense faise co Primeiro Premio do FICBUEU e outra canadense conquista o Premio do Público
https://mcusercontent.com/7a74b3276b66d479422540d76/images/5d916945-bedf-6369-29bf-7883ae58b8f6.jpg
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/09/curta-estadounidense-faise-co-primeiro.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/09/curta-estadounidense-faise-co-primeiro.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content