$type=slider$snippet=hide$cate=0

Unen esforzos para actuar ante os cambios sociais de Galicia e do Norte de Portugal.

GALICIA E O NORTE DE PORTUGAL AVANZAN NO DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE TRANSFRONTEIRIZA — Representantes do e...


GALICIA E O NORTE DE PORTUGAL AVANZAN NO DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE TRANSFRONTEIRIZA

— Representantes do ecosistema de I+D+i Eurorrexión reuníronse en Vigo para iniciar os traballos de deseño do novo planO anterior, para o periodo 2014-2020, foi recoñecida como caso de boas prácticas pola Comisión Europea

A I+D+i como motor para o crecemento económico, para a retención e atracción de talento á Eurorrexión e para facer fronte aos grandes retos sociais compartidos, como o envellecemento da poboación, son algunhas das cuestións que se analizaron no primeiro obradoiro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), celebrado a semana pasada nas instalacións do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), en Vigo.

O evento serviu para comezar a traballar de maneira conxunta no deseño da nova RIS3T, que dará continuidade ao traballo desenvolvido no anterior período (2014-2020). Neste sentido, a xornada deixou clara a necesidade de afondar na cooperación interrexional como ferramenta que permite unir esforzos para actuar ante os cambios sociais de Galicia e do norte de Portugal.

A actividade enmárcase nun proceso participativo con representantes do ecosistema de I+D+i -universidades, centros de coñecemento e tecnolóxicos, empresas e administracións públicas-, que busca enriquecer a nova RIS3T para adecuar a resposta á evolución dos retos da Eurorrexión.

O proceso de elaboración da nova RIS3T continuará ata finais de 2024, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-NORTE) ao abeiro do proxecto GOBERNANZA_GNP_1_E, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea.

A RIS3T, caso de boas prácticas para a Comisión Europea

Raquel Meira, directora de servizos de desenvolvemento rexional do CCDR-R, destacou a longa colaboración do Norte de Portugal con Galicia e a aposta por promover unha Eurorrexión innovadora, que mereceu o recoñemento da Comisión Europea. Concretamente, no 2015 a RIS3T foi considerada como caso de boas prácticas polo executivo comunitario.

Meira apelou á importancia da colaboración interrexional para desenvolver estratexias conxuntas e loou o traballo da Axencia Galega de Innovación pola visión compartida nas áreas da RIS3.

A xornada tamén contou coa presenza virtual do experto Richard Tuffs, quen destacou que a especialización intelixente debería ser a pedra angular da política de cohesión. Tuffs afirmou estar convencido do enorme potencial que existe na colaboración interrexional, posto que se traduce en novas capacidades que diversifican a economía.

No peche da xornada, Sabela Pardo, directora da área de Programas da Axencia Galega de Innovación, anunciou a celebración dun novo obradoiro da RIS3T a comezos do mes de xullo en Portugal.


 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,9,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,153,EUGÉNIO EIROA,59,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,317,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,209,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,379,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,273,
ltr
item
RBTRIBUNA: Unen esforzos para actuar ante os cambios sociais de Galicia e do Norte de Portugal.
Unen esforzos para actuar ante os cambios sociais de Galicia e do Norte de Portugal.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgeyIIPD1IXTjGgolCiQQnc4pNDZtoc3K4gLqf6grBOL7z12WE5B9HMudB_eAcXrWiPt85qv2GZPV1__9n3xCncd5Z0sI4l3AGyoWDiqruvMF-uQ1So9XjR7QNZq5rnr9xmBmFryooOudQJe9NqJc_yW3Zcd2vqOCnQJYqdgX1_1V-pFayKsNFcgJHfZzk/w640-h322/Captura%20de%20pantalla%202024-05-17%20a%20las%2018.05.14.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgeyIIPD1IXTjGgolCiQQnc4pNDZtoc3K4gLqf6grBOL7z12WE5B9HMudB_eAcXrWiPt85qv2GZPV1__9n3xCncd5Z0sI4l3AGyoWDiqruvMF-uQ1So9XjR7QNZq5rnr9xmBmFryooOudQJe9NqJc_yW3Zcd2vqOCnQJYqdgX1_1V-pFayKsNFcgJHfZzk/s72-w640-c-h322/Captura%20de%20pantalla%202024-05-17%20a%20las%2018.05.14.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2024/05/unen-esforzos-para-actuar-ante-os.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2024/05/unen-esforzos-para-actuar-ante-os.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content