MEDIO RURAL INFORMA DA SITUACIÓN DOS LUMES FORESTAIS CON DATOS RECOLLIDOS ATA AS 20.30 H. DE HOXE Controlado un incendio forestal rexistrad...
MEDIO RURAL INFORMA DA SITUACIÓN DOS LUMES FORESTAIS CON DATOS RECOLLIDOS ATA AS 20.30 H. DE HOXE
Controlado un incendio forestal rexistrado hoxe no concello da Mezquita, parroquia homónima, que afecta unha superficie estimada de en torno a 40 hectáreas
Estabilizado o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, tras a súa reactivación de onte mércores, ao igual que o outro incendio deste municipio, rexistrado na parroquia de Barxa
Está controlado tamén o lume do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta arredor de 40 hectáreas
Quedou extinguido o incendio que se iniciou no concello lucense de Palas de Rei, na parroquia de Cuíña, e que afectou tamén ao veciño municipio coruñés de Toques, cunha superficie afectada de 36,66 hectáreas