$type=slider$snippet=hide$cate=0

Xunta y Deputación serán los dueños del vigués Teatro-Cine FRAGA

O pleno da Deputación aproba un investimento de 4,6 millóns de euros para adquisición do Cine Fraga para convertelo nun centro de referencia...

O pleno da Deputación aproba un investimento de 4,6 millóns de euros para adquisición do Cine Fraga para convertelo nun centro de referencia para a cultura en Vigo

O apoio dos deputados do grupo popular serviu para aprobar unha moción de apoio ao pobo venezolano para o recoñecemento de Edmundo González como presidente lexítimo e outra para reclamar un sistema de financiamento autonómico xusto e solidario


A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro, o acordo para adquisición do Teatro Cine Fraga de Vigo a través dun investimento conxunto entre as administracións provincial e autonómica de 9,3 millóns de euros, dos que a Deputación achega o 49 %, uns 4,56 millóns de euros; para destinalo a usos culturais. 

Do mesmo xeito, saíron adiante dúas mocións do grupo popular en defensa dun sistema xusto de financiamento das comunidades autónomas e da democracia en Venezuela.


O principal asunto da xornada foi aprobación, cos votos favorables dos deputados do grupo popular e o voto en contra dos do PSOE e o BNG, do acordo para adquisición do Teatro Cine Fraga en Vigo. Un acordo valorado en 9,3 millóns de euros, dos que a Deputación achega uns 4,56 millóns de euros, o que supón un 49 % da participación na propiedade. A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez, que foi a encargada de presentar a proposta, explicou que o interese da Deputación para a adquisición do Cine Fraga de Vigo céntrase fundamentalmente no seu potencial como espazo clave para o desenvolvemento das políticas culturais e na súa relevancia como edificio emblemático no contexto histórico e cultural da cidade.


Apoio ao pobo venezolano


Por unanimidade o pleno tamén aprobou a modificación do proxecto para a construción da nova senda peonil no Paseo Naval da Illa de Arousa. Unha actuación financiada con 442.520 euros pola Deputación ao abeiro do plan PON2030, cuxo proxecto tivo que ser modificado por circunstancias que non foron previstas na redacción do mesmo, pero que non supoñen cambios substanciais no obxecto e no financiamento das obras. Así como a resolución do convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra para a construción do viario de interconexión entre as rúas Rosalía de Castro e Avenida de Marín, en Mollavao. Un proxecto valorado en 940.000 euros que ía financiar a Deputación ao 100 %, pero que ante a imposibilidade de cumprir os prazos polos retrasos na concesión dos permisos por parte de Costas tivo que resolverse. Con todo, o crédito queda reservado para a sinatura de novos acordos.


A sesión rematou co debate das mocións presentadas polos grupos provinciais. Foi aprobada a moción presentada polo grupo popular co voto favorable dos seus deputados, e o rexeitamento por parte dos do PSOE e o BNG, para a defensa dun sistema de finaciamento xusto e solidario entre as comunidades autónomas, unha proposta na que se demanda ao Goberno central a defensa da igualdade e solidariedade como principios irrenunciables do ordenamento constitucional e do estado autonómico na toma de decisións, a paralización dos avances cara á independencia fiscal dalgúns territorios, a convocatoria da Conferencia de Presidentes Autonómicos para abordar de forma conxunta a renovación do actual sistema de financiamento autonómico, o respecto a autonomía fiscal e as competencias das comunidades autónomas recollidas na Constitución e nos estatutos, a ampliación do montante económico total do sistema autonómico e a garantía da cogobernanza dos fondos da unión Europea.


Tamén saíu adiante co apoio dos populares, a pesar do voto en contra de socialistas e nacionalistas, a moción para que España lidere na Unión Europea o recoñecemento de Edmundo González como presidente electo lexítimo de Venezuela, condenar a sistemática política de criminalización por parte do réxime de Nicolás Maduro, en contra dos cidadáns que exercen os seus dereitos, esixir ao réxime de Maduro o cesamento inmediato da represión aos opositores, activistas, sindicalistas, xornalistas e demais cidadáns, axilizar a protección da cidadanía venezolana que foxe do país pola opresión política, solicitar á Unión Europea o mantemento das sancións ao réxime de Maduro e recoñecer a situación de emerxencia humanitaria que se está a vivir no país sudamericano. 





 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,9,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,96,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,153,EUGÉNIO EIROA,59,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,317,FOTO DEL DÍA,5,Grande Reportagem,209,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,298,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,379,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,273,
ltr
item
RBTRIBUNA: Xunta y Deputación serán los dueños del vigués Teatro-Cine FRAGA
Xunta y Deputación serán los dueños del vigués Teatro-Cine FRAGA
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjuJf4VAJ50tSh8TP4qCSZmIU1vv4j6u7CafAgJPFjNT5Bcz0wJU3RMlMwzQB3MI_DBzgzfzgULlOezf_fO0UnZmtpKAhbIy5XOu0qlWAT1EXsFLlHK5e-KJGmuzaa9DB_Vvho6VgbUfHjKoG7qwFQ7omuRZ_d4YvqGX6IEub1i06Q3zolUuXD-o4kjGO8/w640-h370/Captura%20de%20pantalla%202024-09-27%20a%20las%2015.29.36.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjuJf4VAJ50tSh8TP4qCSZmIU1vv4j6u7CafAgJPFjNT5Bcz0wJU3RMlMwzQB3MI_DBzgzfzgULlOezf_fO0UnZmtpKAhbIy5XOu0qlWAT1EXsFLlHK5e-KJGmuzaa9DB_Vvho6VgbUfHjKoG7qwFQ7omuRZ_d4YvqGX6IEub1i06Q3zolUuXD-o4kjGO8/s72-w640-c-h370/Captura%20de%20pantalla%202024-09-27%20a%20las%2015.29.36.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2024/09/xunta-y-deputacion-seran-los-duenos-del.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2024/09/xunta-y-deputacion-seran-los-duenos-del.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content