Con muchísimas notables presencias, alcaldes gallegos y portugueses, alcalde de Porto, presidente de la Comisión de Coordinación de la Regió...
Con muchísimas notables presencias, alcaldes gallegos y portugueses, alcalde de Porto, presidente de la Comisión de Coordinación de la Región Norte de Portugal, dirigentes de la Eurorregión, la plana mayor de la Xunta de Galicia, plana mayor de las Diputaciones de Pontevedra y Ourense... Vigo acogió el anunciado acto reivindicativo ante los Gobiernos de Madrid y Lisboa, del que vuelven a salir exigencias de un calendario firme y verdadero de ejecución del ansiado proyecto que permita un tren, cuando menos de Velocidad Alta, desde A Coruña hasta Lisboa, basado en el Vigo-Porto actual, pero muy mejorado y a través de nuevas vías a construir entre Braga y Valença do Minho, vía Ponte de Lima (cuyo alcalde estaba en primera fila de este acto reivindicativo, al igual que otros varios de la zona norte de Portugal)...
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, participou nun gran acto cívico, organizado en Vigo pola Xunta, para demandar esta infraestruturaRUEDA RECLAMA QUE SE IMPULSE CANTO ANTES A CONEXIÓN POR ALTA VELOCIDADE ENTRE VIGO E PORTO E PIDE UN CALENDARIO DE INVESTIMENTOS E OBRAS
Destacou que esta infraestrutura beneficiaría a unha Eurorrexión de 6,5 millóns de habitantes cun forte vínculo social, económico e cultural e reducindo o tempo de viaxe das dúas horas e media actuais a só 50 minutos
Recoñece os avances realizados por Portugal, que xa adxudicou o primeiro tramo da nova conexión de alta velocidade por 1.600 millóns de euros
Pide ao Goberno central español unha planificación clara de custes e obras para dar “un impulso real a eses trámites que levan tantos anos no caixón”
Comprometeuse a seguir vixiantes e firmes na defensa desta infraestrutura clave, como así se reflexa no manifesto asinado hoxe por diferentes autoridades de ambos territorios
“Hoxe únense unha vez máis a voz de Galicia e a do norte de Portugal reclamando, nin máis nin menos, o que esta terra merece: unha conexión á altura de todo o potencial e todo o dinamismo que temos para seguir crecendo”, afirmou, ao mesmo tempo que sinalou que “non hai máis tempo que perder”.
Rueda destacou que esta conexión é vital para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que conta con “case 6,5 millóns de habitantes” e uns vínculos sociais, económicos e culturais moi intensos.
Así mesmo, tamén asegurou que esta reivindicación que permitiría “reducir o tempo de traxecto actual de dúas horas e media a só 50 minutos, ofrecendo unha alternativa competitiva, fiable e rápida”. Lembrou, ademais, que o volume de usuarios da actual liña ferroviaria entre ambos países non deixou de medrar, chegando en 2023 aos 145.000 viaxeiros, o que proba a necesidade dunha infraestrutura moderna e eficiente. “Non é de recibo que dúas cidades tan puxantes como son Vigo e Porto estean conectadas por un tren que non é digno deste século”, engadiu.
O presidente galego recoñeceu os avances realizados por Portugal, que xa adxudicou o primeiro tramo da conexión ata Aveiro por 1.600 millóns de euros, e instou ao Goberno central a actuar con igual determinación. "Non é aceptable que a conexión prioritaria sexa con Madrid, mentres a nosa Eurorrexión segue esperando", afirmou, ao tempo que seguiu reclamando “un calendario detallado de investimentos, de planificación de obras con orzamentos e claro, que se poida controlar e fiscalizar todo o trazado; un impulso real, en definitiva, a eses trámites que levan tantos anos no caixón”.
Neste sentido, Rueda comprometeuse a seguir vixiantes e firmes na defensa desta infraestrutura clave, como así se reflexa no manifesto asinado hoxe por diferentes autoridades de ambos territorios.
No acto deste mediodía, que levou por título Queremos Ave Vigo-Porto, participaron preto de 500 persoas entre autoridades de distintas administracións de ambos lados da fronteira, como o presidente da Rexión Norte de Portugal, Antonio Cunha, alcalde do Porto, Rui Moreira; así como empresarios; colectivos sociais; académicos e medios de comunicación.
Fotos de David Cabezón )